Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Mellora da estrada que vai da Carballa a Moldes

RIBEIRA. A Deputación da Coruña incorporará nos seus próximos plans de investimentos en Vías e Obras a mellora da estrada DP-7310 que vai da Carballa a Moldes, no concello ribeirense, e que será unha das vías de acceso ao futuro polígono industrial. A Asociación de Empresarios de Ribeira explicou a necesidade de levar a cabo esta obra nunha reunión mantida no pazo provincial co presidente da Deputación coruñesa, Valentín González Formoso, que se comprometeu a executar este investimento “unha vez que o proxecto do polígono sexa unha realidade”. O obxectivo da actuación sería o de ampliar a plataforma para responder ás necesidades do futuro polígono, que estará situado na contorna de Fontenla e Pedras Vermellas, en Palmeira. Nos anos 2020 e 2019 a asociación recibiu ao redor de 22.000 euros de fondos provinciais que destinaron ao apoio ao comercio e hostalería e a actividades de desenvolvemento económico. m. t.

13 jul 2021 / 15:37
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.