Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Melloras forestais en O Son a cargo do alumnado do obradoiro Tahume

Os alcaldes de Ribeira e Porto do Son, Manuel Ruiz e Luis Oujo, desprazáronse este mércores ao entorno das praias da Corna e de Aguieira interesados en coñecer os traballos que está a efectuar o obradoiro de emprego Tahume VI nas súas especialidades de Traballos de carpintería e moble e Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.

En total son vinte os alumnos e traballadores que están cursando este programa mixto de emprego e formación, dez en cada unha das especialidades, que principiaron no pasado Nadal e contan cunha duración de nove meses.

Acompañados da directora do taller, Estefanía Ordóñez, os rexedores locais estiveron a ollar primeiro a actuación de renovación da varanda de madeira no fronte do areal da Corna, en Palmeira, para ir a continuación ata A Aguieira, no concello sonense, para inspeccionar as tarefas de desbroce e acondicionamento da masa forestal que alí se está levando a cabo.

Durante a supervisión dos traballos, tanto Luis Oujo como Manuel Ruiz resaltaron o importante labor social que está a realizar o alumnado en ambos municipios, así como as expectativas laborais que se lle abren con esta iniciativa. Asemade, ambos avanzaron que a colaboración entre os dous concellos proseguirá cun futuro obradoiro dedicado a pavimentacións, ademais de ter solicitado outro de albanelería.

Destacar que unha vez conclúa o obradoiro Tahume VI abrirase un prazo no que se facilitará que as empresas poidan contratar ao alumnado con subvencións por traballador de 1.500 euros para un mínimo de tres meses no ánimo de conquerir a súa inserción laboral.

Tamén nesta comarca, un total de 20 alumnos dos concellos de Outes, Noia e Lousame fórmanse en actividades de conservación e mellora de montes, grazas a un novo obradoiro de emprego que ten a sede no municipio outense. Desenvolven rozas, podas ou traballos de reforestación nas citadas localidades.

08 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.