Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Melloras no firme da estrada AC-550 ao seu paso por Muros

Muros. A Xunta adxudicou as obras de acondicionamento do firme na estrada AC-550 en Muros, que comezarán nas vindeiras semanas. A intervención, adxudicada á empresa Microasfalt SL por preto de 32.000 euros, ten un prazo de execución dun mes.

Os traballos, que se desenvolverán no treito comprendido entre os puntos quilométricos 34+000 e 35+150, teñen como obxectivo mellorar as características superficiais da calzada, nunha zona na que se teñen producido recentes saídas de vía. Para acadar este acondicionamento, estenderase unha capa de microaglomerado en frío nos carrís de circulación da estrada.

Esta actuación súmase a outra adxudicada esta semana na mesma estrada, na travesía de Esteiro. m. c.

10 jul 2021 / 19:55
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.