Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 09 diciembre 2022
02:15
h

Melloras no sistema de iluminación do Coliseo

Noia. O Concello de Noia informou de que resultou beneficiario dunha subvención para a modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais ao abeiro dos fondos de NextGenerationUE e o Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) número 2021/2024.

Así, recibirá 31.624 euros para levar a cabo o proxecto de mellora no Coliseo Noela dos sistemas de iluminación dixital “coa adquisición de mesas de luces dixitais, de ordenadores para instalar software de control de iluminación, proxectores de iluminación Led, así como a mellora dos sistemas dixitais de audio e comunicacións en rede do teatro, instalando sistemas de comunicación en rede, sistemas de intercomunicacións dixitais en redes pechadas vía RF, enfocadas á coordinación en directo de eventos escénicos ou musicais, e tamén se levaría a cabo a implementación dun sistema completo de reprodución e amplificación dixital do son”, indicaron fontes municipais.

Cómpre destacar que o obxecto destas subvencións estriba na transición verde e transformación dos espazos escénicos e musicais que impulsen un crecemento intelixente e sustentable da súa xestión. m. cano

22 nov 2022 / 20:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.