Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Membros da Asociación Turística Comarcal Ría de Muros-Noia divulgan o Camiño litoral a Santiago

MUROS. No marco dunha proposta promocional levada a cabo en primeira persoa, membros da Asociación Turística Ría de Muros-Noia percorreron o último mes ó longo de sete xornadas o espectacular itinerario do novo Camiño de Santiago pola Ría de Muros-Noia. Os participantes na iniciativa comezaron a andaina no porto de Muros para ir percorrendo o trazado deste Camiño feito público recentemente.

A primeira xornada levounos dende dita localidade ata a poboación de Esteiro, onde iniciaron a segunda xornada, para rematar na Serra de Outes. Alí retomaron a ruta e realizaron a distancia que os separaba de Noia, chegando á Praza do Tapal desa localidade.

A seguinte etapa levounos a facer o traxecto que vai dende Porto do Son ata Noia para, a partir dese punto, deixar atrás a Ría de Muros-Noia e cubrir a distancia de Noia a San Xusto.

Na penúltima xornada percorreron a parte do trazado que descorre entre San Xusto e Os Ánxeles. No sétimo e derradeiro día fixeron a entrada triunfal na compostelana Praza do Obradoiro, cumprindo deste xeito co obxectivo de chegar á Catedral, despois de iniciar o itinerario no Val da Mahía.

Con esta actividade, a Asociación Turística Ría de Muros-Noia pon de releve a súa aposta polo Camiño de Santiago pola ría e a importancia potencial que este pode ter no destino en canto á dinamización da actividade turística, así como para a economía local en xeral.

“Ao mesmo tempo, anímase á realización deste espectacular Camiño pegado ao mar e a visitar un destino que conta cunha gran riqueza patrimonial e paisaxística que non deixa indiferente a niguén”, sinalaron ao respecto representantes de dita entidade.

A mencionada asociación sectorial naceu co apoio da ARD e de todos os alcaldes dos concellos da comarca, dada a importancia de apostar por este tipo de iniciativas dinamizadoras. S. S.

20 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.