Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Misela comprométese co coidado do medio natural e coa economía circular

NOIA. No centro Misela de Noia, onde se presta servizo a persoas con discapacidade intelectual maiores de 16 anos, apóstase polo desenvolvemento de proxectos de economía circular para favorecer a formación laboral e a integración social das persoas usuarias. Así, no marco do seu proxecto Voga-Voga pola redución dos residuos plásticos no medio mariño, conseguen darlle unha segunda vida ao plástico. Nos talleres do centro organízanse limpezas nas praias e, unha vez recollido o lixo, clasifícano e seleccionan o material que se pode empregar nas máquinas para o seu tratamento e transformación nun novo produto: peines, pinzas, perchas, chaveiros... “As máquinas son tres: unha que destrúe o plástico en pequenos fragmentos e outras dúas para convertelos nun novo obxecto a través de distintos moldes”, explican dende Misela. M. C.

21 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.