Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Mostra de teatro para seiscentos escolares na vila pobrense

Desfrutarán de cinco funcións que terán lugar do 22 ao 28 deste mes no Elma

A Pobra. A Pobra engrosa o calendario cultural do mes de marzo incorporando unha mostra de teatro para escolares que se compón dun total de cinco funcións. Terán lugar do 22 ao 28, a partir das 11.30 horas, no teatro Elma.

A edil de Cultura, Patricia Lojo, acompañada da técnica municipal desta área, Fita Sanisidro, explicou que se ofrece un formato diferente respecto aos anos anteriores e que se busca recuperar as saídas ao teatro coa escola.

Asistirán máis de 600 alumnos e alumnas entre o CEP Salustiano Rey Eiras, CEP Pilar Maestú Sierra, EEI Fernández Varela, Monte Carmelo, e unitarias do Vilariño, A Granxa e A Angustia.

A primeira das sesións chegará o martes día 22 con Palma repalma, de Teatro Calavera. Ambientada nun souto encantado onde viven animais e algúns seres máxicos, empregaranse xogos musicais e da maxia para achegar as nosas raíces con cancións tradicionais e populares do noso folclore.

Continuará o ciclo teatral o día 23 con O libro xigante, de Expresión Produccións; o 24 será a quenda de Os Trotasongs, de Conticánticos; o día 25 Isla Letriska presentará Letriska Inmobile, e o luns 28 chegará ao seu fin a iniciativa con A feira das linguas, de Lydia Botana.

Dito programa está organizado pola concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña. Resaltar que ao estar destinado aos centros educativos da localidade, non se require inscrición previa. m. c.

21 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.