Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Muros acolle unha obra teatral sobre Rosalía de Castro

MUROS. Rocío González e Cristina Collazo presentarán este sábado (18.00 horas) no auditorio do centro cultural de Muros Rosalía. Trátase dunha obra de teatro para toda a familia que retrata, por primeira vez, a vida infantil da escritora, amosando unha Rosalía atrevida, máxica e activa e o porque da súa obra dun xeito ameno e divertido. Dende a concellería de Cultura de Muros lembran que as personas que desexen asistir á función xa poden reservar as súas entradas nas oficinas do centro cultural ou ben chamando ao teléfono 981 762 294. O custo é de 2,50 euros. Destacar que o espectáculo está incluído na Rede Galega de Teatros e Auditorios da Agadic. m. c.

15 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.