Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 16 mayo 2022
11:12
h

Música, baile e artesanía para a Romaría das Letras o 17 no Pazo Goiáns

O histórico inmoble vai reabrir as portas este luns co espectáculo de Nova Galega de Danza

Boiro. O histórico Pazo Goiáns (Boiro) abrirá este luns as súas portas tras o importante proceso de rehabilitación ao que foi sometido. Será nun acto que terá lugar ás sete da tarde coa plantación nos seus xardíns dunha figueira procedente da horta da Casa de Rosalía de Castro.

A continuación terá lugar o acto institucional presidido polo alcalde, José Ramón Romero, e logo presentarase o caderno número 16 da revista Follas Novas. Ás 21.00 horas terá lugar a actuación de Laura Lamontagne e Pico Amperio, e media hora despois, o espectáculo da compañía Nova Galega de Danza.

E o pazo volverá abrir as súas portas o martes con motivo da undécima edición da Romaría das Letras do Barbanza, organizada pola asociación Barbantia, o Concello e a Deputación da Coruña.

Será a partir das once da mañá e haberá un mercado de artesanía; un espectáculo de baile galego a cargo de Xilbarbeira, Aroña e Abeloura; sesión vermú con Os da Porfía; e xantar popular amenizado por Os Pequenos do Barbanza. Xa pola tarde, a partir das 16.30 horas, terán lugar as presentacións literarias das obras O caso dos amantes de París, de Miguel Alonso, e Florencio Delgado Gurriarán: polos vieiros da saudade, de Héctor Cajaraville.

Ás 17.30 horas actuará Esperanza Mara; ás 18.00, o grupo Airiños, seguido de Xilbarbeira, Aroña e Abeloura; ás 19.00, Xisco Feijoo; e ás 20.00 Baiuca. No recinto do Pazo Goiáns instalaranse ademais varios libreiros, e tamén haberá polbeiras. suso souto

15 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.