Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Nava Castro eloxia o potencial do xeodestino Muros-Noia, ó que a Xunta adicou 40.000 €

Outes. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, clausurou onte as xornadas tituladas O Camiño de Santiago de Compostela na ría de Muros-Noia, que se desenvolveron do 14 ó 17 de outubro no concello de Outes. No acto estiveron tamén presentes a presidenta da Asociación de Concellos do Camiño Santiago Ría de Muros-Noia e alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, e Manuel González, rexedor outiense.

Durante a súa intervención, a directora de Turismo de Galicia destacou a importancia do traballo conxunto levado a cabo cos xeodestinos como axentes clave na promoción turística a escala supramunicipal e na posta en marcha de novos produtos e estratexias de comercialización que permitan un desenvolvemento turístico dun territorio con tanto potencial como o citado.

Neste contexto, Castro destacou a aportación que a Xunta de Galicia fixo ao xeodestino a través da Asociación de Rural de Desenvolvemento (ADR) Ría da Estrela, cun convenio que está agora en execución e que supón unha achega por parte da administración autonómica de corenta mil euros, dos cincuenta mil que se estableceron para levar adiante diversas accións de promoción e de comercialización de produtos vencellados co turismo activo, co náutico ou co industrial.

NORTE DE PORTUGAL. Por outra parte, en virtude deste convenio, ademais, executaranse varias accións de promoción deste destino turístico orientadas a Galicia e norte de Portugal, con especial interese na Travesía Náutica Xacobea e a Ruta dos Faros.

A achega aportada dende o Goberno galego tamén permitiu unha rápida adaptación do sector turístico do ámbito de Muros-Noia á realidade derivada da pandemia da covid-19 a través da elaboración e implantación de manuais hixiénico-sanitarios e webinars de formación para os profesionais do sector que lles está a permitir ofrecer unha resposta adaptada e de calidade á nova realidade derivada da pandemia do coronavirus. s. souto

18 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.