Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Noa Díaz pide obras na capital barbanzá por máis de dous millóns

Insta a incluír a reforma do centro de saúde e outra residencia nos Orzamentos da Xunta

Ribeira. A parlamentaria do PSdeG Noa Díaz mantivo este martes un encontro cos concelleiros desa formación en Ribeira para analizar as principais necesidades do concello que incorporará nas emendas ós Orzamentos da Xunta para 2021, que serán debatidos na última semana de xaneiro no Parlamento.

Díaz reclamoulle ó Goberno galego distintas actuacións no municipio por 2,6 millóns de euros para afrontar “os problemas recorrentes que ano tras ano ten que afrontar Ribeira”.

Así, solicitará 400.000 euros para a reforma do centro de saúde, 300.000 euros para comezar a construción dunha nova residencia de maiores na periferia da cidade e otros 300.000 euros para ampliar o centro de día.

Asimesmo, urxiu ó presidente da Xunta “a cumprir o seu compromiso de aprobar o Plan Reitor do Parque Natural de Corrubedo, que anunciou hai dous anos para metelo nun caixón, sen que saibamos nada del ata hoxe, e que apenas suporía un investimento inicial de 30.000 euros”, así como outros 200.000 euros para o Plan Forestal.

Finalmente, pedirá un millón de euros para construír un Museo do Mar e da Pesca de Ribeira, e 100.000 euros para a posta en valor do peirao fenicio da Covasa. s. s.

12 ene 2021 / 18:04
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.