Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Noia e Rianxo van obter douscentos mil euros para financiar obras de rehabilitación

O importe máximo das axudas para particulares ou comunidades de veciños é de 24.000 € por vivenda

Noia. A Xunta acaba de asignar case 200.000 euros aos concellos de Noia e Rianxo co fin de financiar actuacións nas súas áreas de rehabilitación integral. Tras analizar todas as solicitudes e tendo en conta o cumprimento de obxectivos de cada municipio nas convocatorias anteriores, o Goberno galego resolveu incluír a 22 entidades locais no reparto dos 10,2 millóns de euros dispoñibles para 2021 no marco do Programa de Fomento da Rexeneración e Renovación Urbana e Rural, que cofinancia xunto co Estado.

Noia poderá xestionar case 126.000 euros, e Rianxo, preto de 67.000 euros. Unha vez resolta a convocatoria deste ano e notificados os beneficiarios, o seguinte paso será asinar convenios específicos con cada un dos 22 concellos seleccionados para que, a continuación, as propias administracións locais procedan a convocar as correspondentes

axudas, ás que poderán optar os propietarios das vivendas e edificios a rehabilitar dentro de cada Área de Rehabilitación Integral (ARI).

O importe máximo das subvencións para particulares e comunidades de veciños é de 24.000 € por vivenda, sen que poida superar o 50 % do orzamento da actuación. Poderá chegar ao 85 % cando o solicitante teña ingresos inferiores a tres veces o IPREM e cando se acometan actuacións de mellora da accesibilidade e se acredite que na unidade de convivencia hai persoas con discapacidade ou maiores de 65 anos.

Ademais, os concellos recibirán subvencións para executar pola súa conta actuacións de urbanización e reurbanización de espazos públicos no ámbito da ARI, cun importe de ata 2.000 € por vivenda rehabilitada. A maiores, contarán con financiamento para sufragar os custos asociados á Oficina Municipal de Rehabilitación (1.500 € por vivenda rehabilitada ou construída en substitución doutra existente). s. s.

11 ago 2021 / 13:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.