Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Noia Histórica convoca un concurso de escaparates

Noia. Dentro da súa programación do Nadal, a asociación Noia Histórica, en colaboración co Concello, convoca un concurso de escaparates entre os seus asociados, co obxecto de promover a creatividade dos comerciantes á hora de presentar o seus establecementos e contribuír a crear un especial ambiente de Nadal nas rúas da vila.

Poderán participar todos os establecementos comerciais asociados á entidade, independentemente do tamaño do escaparate, con total liberdade en canto á técnica e o estilo, gardando sempre relación ca temática navideña.

O prazo de inscrición remata o 13 de novembro. Ademais da valoración do xurado terase en conta o voto do público a través de Instagram á imaxe do escaparate con máis likes (a través da conta @noiahistorica). Establécese un único premio de 1.000 euros. Os establecementos participantes recibirán unha axuda directa para gastos de realización, material, etc. de ata 100 € por empresa. s. s.

13 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.