Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Noia retoma as clases de ‘Musicalizando’ para os nenos no mes de outubro

NOIA. A concellería de Cultura de Noia vén de anunciar a volta de Musicalizando, un programa que xurdiu “da posibilidade de que todos os nenos e persoas que se quixeran apuntar e aprender un pouco de música, puidesen ter a posibilidade”, explicou nunha ocasión o edil. Inclúe clases de guitarra, piano, música en movemento, coro, linguaxe musical, conxunto instrumental e folclore tradicional galego. As inscricións estarán abertas dende o luns 12 de setembro ata o vindeiro día 23, e as actividades darán comezo a primeira semana de outubro. As persoas interesadas poden solicitar a folla de inscrición no rexistro do Concello ou obtela na páxina de Facebook Cultura - Concello de Noia. Indican que é preciso cubrir a folla e entregala no rexistro do Concello para formalizar a inscrición. As prazas cubriranse por rigorosa orde de entrega. m. c.

12 sep 2022 / 20:04
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.