Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Nova edición da ribeirense Noite Aberta, con 40 tendas

Ribeira. A patronal de Ribeira organiza unha nova edición da Noite Aberta, que vai ter lugar os días 3 e 4 de xuño (o venres ata as 21.00 horas e o sábado ata as 22.00).

Nesta edición participan máis de corenta establecementos dos sectores de moda e complementos, calzado, hostalería, deportes, salóns de peiteado, etc.

Como en cada edición, os establecementos participantes van ofrecer grandes descontos. Para animar esta campaña o sábado a partir das 16.00 horas haberá inchables acuáticos para os máis pequenos na Praza de España, así como unha gran Festa da Escuma. Na rúa de Lugo instalarase un tobogán inchable acuático de 110 metros ao cal só se poderá acceder con tiques de compra dos negocios desta campaña, que está subvencionada pola Xunta de Galicia e o Concello.

O presidente da Asociación de Empresarios de Ribeira, Francisco Martínez Gude, animou a toda a veciñanza do Barbanza a vir de compras esta fin de semana ó municipio e a aproveitarse dos descontos e da animación nas rúas.

Asimesmo, Martínez Gude destacou a alta participación desta edición da Noite Aberta, sinalando que os 40 negocios supoñen un récord respecto ás anteriores. s. s.

02 jun 2022 / 17:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.