Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Nova xornada de portas abertas no centro de día da Pobra do Caramiñal

A pobra. A concelleira dos Servizos Sociais do Concello da Pobra do Caramiñal, Amparo Cerecedo, visitou o centro de día da localidade con motivo da xornada de portas abertas que organizan periodicamente.

Acompañada da directora da instalación, Fátima Sendón, tamén tivo ocasión de coñecer de primeira man unha exposición que xira arredor do libro Antiga dorna polbeira de Castiñeiras, escrito hai máis dunha década por Juan Pérez Martínez, Xandomar, quen é usuario do centro. Na obra relata a arte da pesca, así como as súas vivencias e coñecementos dende que comezou a ir ao mar con 7 anos.

Dende a administración municipal indicaron que, ademais do volume, “a mostra consta dunha maqueta da dorna na que pescaba e diversas reproducións de aparellos elaborados polas persoas usuarias no taller de ergoterapia: francada, poutada, remos, ronca para cravar congros, gradella con chumbada das fanecas e vela de relinga trapezoidal”.

Durante a súa visita ao centro de día, a concelleira de Servizos Sociais da Pobra do Caramiñal puxo en valor este tipo de iniciativas coas cales achegarnos á memoria dos avós, ademais de resaltar o labor do equipo de profesionais no coidado das persoas maiores. m. c.

19 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.