Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 22 junio 2021
02:00
h

Novas redes de servizos na aguiñense rúa das Américas

Ribeira. Un total de 31 empresas presentaron as súas ofertas ó concurso para executar as obras de renovación dos servizos e pavimentación na rúa das Américas, na parroquia ribeirense de Aguiño.

Esta intervención pretende mellorar a contorna a través da substitución tanto das beirarrúas de baldosa hidráulica e do aglomerado asfáltico (que están en mal estado) como dos servizos de auga potable, saneamento e pluviais, actualmente deficitarios.

No tocante á canalización de pluviais colocarase un colector de PVC de 315 milímetros de diámetro que conducirá as augas ás redes situadas na rúa Francisco Lorenzo Mariño. O orzamento da intervención ascende a 182.934 €, IVE incluído. s. s.

29 abr 2021 / 15:29
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.