Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Novos cursos en Boiro sobre Inkscape, internet, informática e deseño 3D

BOIRO. O Concello de Boiro, a través da aula Cemit, ofrece un novo ciclo de xornadas formativas para o mes de abril que inclúe cursos en modalidade presencial e tamén online. O prazo de inscrición está xa aberto e poden facerse na propia aula do centro social de Boiro. Os cursos que se ofertan son xornadas de formación en Inkscape, que serán online os días 5, 6, 7 e 8 de abril, de 10.00 a 12.00 h. Entre os días 5 e 29, en modalidade presencial, vaise impartir un curso de inicio á informática e internet, en horario aínda pendente de confirmar. Entre os días 19 e 29, de 10.00 a 12.00 h, vaise celebrar online o de deseño 3D con SketchUp. Toda a información está dispoñible na web municipal e no centro social. As inscricións poden facerse a través do email axentetic@boiro.org, chamando ó número 981 84 26 35 ou enviando un WhatsApp ó 629 769 139. s.s.

22 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.