Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Novos pasos cara a creación dun Parque Arqueolóxico no Barbanza

Na primeira xuntanza deron luz verde á constitución dun consello asesor

Porto do Son. Os membros do consello de dirección do Parque Arqueolóxico da Idade de Ferro reuníronse este xoves na localidade sonense nunha primeira xuntanza na que se aprobou a creación dun consello asesor e outras medidas encamiñadas a avanzar no proxecto como a confirmación dos castros que forman parte do plan ou a creación dunha imaxe corporativa e unha páxina web. No encontro tamén se deu luz verde á incorporación do Concello de Dodro á iniciativa.

Representantes da Deputación da Coruña e os concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Ribeira e Porto do Son participaron no encontro do consello de dirección do Parque Arqueolóxico da Idade de Ferro, un proxecto que, segundo as institucións implicadas, supón unha forte aposta pola posta en valor dos recursos históricos e polo turismo cultural de calidade. A iniciativa desenvolverase coa implicación de diferentes axentes do ámbito do turismo, da arqueoloxía, da investigación e da divulgación.

Ademais, entre os acordos acadados nesta sesión figura a realización nos próximos meses dun plan director que consistirá nunha folla de ruta completa para este parque arqueolóxico ao aire libre.

Entre os recursos que formarán parte deste proxecto, que porá en valor o territorio, atópanse o Castro das Cercas de Isorna, en Rianxo; o Castro da Croa de Posmarcos, en A Pobra do Caramiñal; o Castro de Achadizo e de Neixón, en Boiro; o Castro da Cidá de Ribeira; e o Castro de Baroña, en Porto do Son. m. t.

30 jul 2021 / 20:12
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.