Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 04 febrero 2023
01:00
h

O BNG insta á Xunta a defender os postos de traballo da planta de tratamento de residuos de Lousame

A formación sinala que o proxecto “ten demostrado a súa sostibilidade”

Lousame. O BNG instou á Xunta a defender os postos de traballo da planta de tratamento de residuos da Mancomunidade Serra do Barbanza e a colaborar con esta entidade “para darlle continuidade a un proxecto que ten demostrado a súa sostibilidade”.

O Bloque explica que en outubro a Xunta advertiu do incumprimento da normativa de residuos, baseada na memoria correspondente a 2020, no que durante unha parte do ano o tratamento de residuos se víu limitado por mor das restricións da covid”.

“Malia que os resultados obtidos na planta de Lousame son significativamente mellores á media galega, na que Sogama, xestiona preto do 90 % dos residuos de Galicia, non temos coñecemento de que directora xeral de Calidade Ambiental enviase un escrito semellante aos concellos adheridos ao sistema Sogama, que incumpre dunha maneira moito máis evidente e alarmante as obrigas da normativa estatal e comunitaria”, engaden. s. souto

17 nov 2021 / 15:06
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.