Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O BNG reclama maior mantemento e seguridade para os portos de Ribeira

O BNG de Ribeira rexistrou unha iniciativa para demandar maior mantemento, seguridade, limpeza ou investimentos nos portos do concello. Ao longo dos últimos anos foron diversas as mocións presentadas polos nacionalistas para demandarlle a Portos de Galicia actuacións nos peiraos de Corrubedo, Palmeira, Aguiño ou Ribeira.

A formación argumenta que non fai falla máis que dar unha volta polas instalacións e terreos portuarios do municipio para atopar farois fóra de servizo, ben por estaren fundidas ou por estaren rotas as conexións eléctricas, escaleiras de acceso rotas ou enferruxadas, algunha a piques de desprenderse, varandas de protección deterioradas ou unha cantidade considerable de lixo que moitas veces acaba no mar.

O Bloque cre que Portos debería manter en boas condicións as instalacións portuarias “tanto por ser unha zona de traballo para os mariñeiros como por ser lugares de uso público para a veciñanza”. “Ser titular de terreos non só debe servir para ter os beneficios que lle reporta o cobro das taxas á hostalería polas terrazas ou por permitir a realización de actividades que se desenvolven nos seus terreos, por poñer uns exemplos, senón que tamén debe selo para cumprir coas súas obrigas de mantelos en bo estado de mantemento e nunhas condicións axeitadas”, sinalan.

Asimesmo, lembra que o Concello xa custea a limpeza e a iluminación dalgunhas zonas de titularidade portuaria por ser de interese xeral para a veciñanza do municipio, pero considera que o goberno local “debe esixirlle a Portos que, de querer conservar a titularidade desas zona, debe mantelas en condicións. No caso contrario, debería cederllas á administración local para que sexa esta institución a que teña a titularidade para poder mantelas nunhas condicións óptimas”.

27 abr 2021 / 18:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.