Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Cemma forma a escolares da Pobra sobre o mundo mariño

A Pobra. A concellería de Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Genoveva Hermo, organiza unha serie de accións formativas sobre o mundo mariño impartidas por persoal da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) dirixidas a alumnado de Educación Primaria dos centros educativos do municipio.

A comezos deste mes de abril foi a quenda do CEP Pilar Maestú Sierra, e este luns tocoulle á rapazada do CEP Salustiano Rey Eiras. Estas actividades xiran en torno ás exposicións divulgativas instaladas nos pasillos do centro educativo que levan por título Acústica mariña (coa que os escolares aprenden, por exemplo, que sons producen os cetáceos) e Golfiños na proa, pero tamén consisten nunha charla informativa sobre as tartarugas e os mamíferos mariños, as súas características e a concienciación ambiental, a cargo de persoal do Cemma. s. s.

26 abr 2022 / 13:47
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.