Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O edificio da vella comisaría de Ribeira xa é de titularidade municipal

O edificio da antiga Comisaría de Policía Nacional de Ribeira xa é oficialmente do Concello de Ribeira logo de formalizarse este mércores a reversión do mesmo. O acto de reversión foi asinado na casa consistorial polo alcalde Manuel Ruiz e polo comisario provincial da Policía Nacional da Coruña, Fernando Javier Rodríguez Marty, estando tamén presente o comisario xefe en Ribeira, Diego Amaya.

Despois da rúbrica e a entrega das chaves, os tres desprazáronse ata o inmoble, situado na avenida Miguel Rodríguez Bautista, para observar in situ o estado das instalacións. A intención do Executivo é ceder este edificio á Consellería de Educación coa fin de destinalo a ampliar a instalacións do veciño Colexio O Grupo.

Cómpre recordar que a reversión ten lugar logo de que os efectivos do Corpo Nacional da Policía asignados ao noso municipio dispoñan dunha nova sede na avenida das Airós, en Fontán.

A antiga comisaría comezou a funcionar como tal en xuño de 1989.

06 jul 2022 / 19:10
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.