Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O pavillón municipal de Rianxo ten xa o nome do falecido conserxe Abuín

RIANXO. O pavillón municipal de Rianxo leva dende este sábado o nome de José Manuel Abuín Chema, en virtude do acordo plenario do pasado 24 de febreiro, en lembranza do traballador municipal finado en 2020 e que desenvolveu durante máis de 25 anos as labores de conserxe en dita instalación, ademais de participar activamente no desenvolvemento do deporte rianxeiro dende o Club de Voleibol. O acto contou coa presencia do alcalde, Adolfo Muíños; do edil de Deportes, Xusto Ordóñez; e de familiares, amigos e compañeiros de José Manuel Abuín, así como membros da Corporación, socios do Club de Voleibol Rianxo e doutras entidades deportivas. O descubrimento do rótulo na fachada do pavillón e dunha placa na súa lembranza no interior deron paso a un encontro amigable no que se lembrou ó homenaxeado. s. souto

10 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.