Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O pósito noiés organiza unha formación de pescador

Noia. A confraría de pescadores San Bartolomé de Noia, en colaboración coa Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar, concova un curso de mariñeiro/a-pescador/a que se desenvolverá na modalidade presencial.

Segundo indicaron dende a entidade mariñeira este xoves, o curso impartirase ao longo de 11 días, do 29 de novembro ao 15 de decembro. Terá lugar na aula de formación do pósito de Noia (ubicado na rúa Uruguay, 1).

Tan só quedan 5 prazas libres. Aquelas persoas interesadas en asistir á formación deberán pasar antes do día 16 de novembro polas oficinas da entidade organizadora para recoller a documentación da matrícula. “Imprescindible posuír aptitude para realizar proba de natación, acreditar formación mínima e coñecementos básicos de lecto-escritura”, sinalaron.

econoia. A confraría, ao abeiro do proxecto Econoia III, deu continuidade ás edicións anteriores desta acción, que conta co apoio da Xunta a través das axudas destinadas a iniciativas de recollida de residuos mariños.

Así, ata o momento, na terceira fase do plan –que comezou en agosto– as mariscadoras de a pé realizaron dúas limpezas, nas que recolleron 1.142 kg de lixo. Mentres que no programa Econoia Mergullo, posto en marcha recentemente pola entidade mariñeira, 14 mergulladores retiraron do mar –durante dúas saídas– 2.607 kg de lixo. ecg

10 nov 2022 / 20:22
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.