Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O programa Bonos Rianxo prevé ‘mover’ 45.000 euros

Rianxo. O Concello de Rianxo iniciou a campaña do programa Bonos Rianxo, impulsada a petición do comercio local, activando a páxina web destinada á descarga dos lotes de bonos. As descargas comezaron o pasado martes ás 12.00 horas e antes das 18.00 xa se descargaran os 400 lotes de bonos virtuais dispoñibles.

Estes lotes de bonos podían descargarse a través dunha web específica á que podía accederse desde as webs do Concello e da patronal. Fíxose unha reserva de bonos para poñelos a disposición, en formato físico, de persoas maiores e/ou con dificultade para acceder aos bonos virtuais. En concreto serán 100 lotes que se poderán solicitar a partir deste mércores dende as move da mañá.

Cada lote de bonos ten un valor de 30 € e están divididos en 2 bonos de 10 € e 2 bonos de 5 €. Cada bono de 10 € poderá descontarse en compras iguais ou superiores a 20 € e cada bono de 5 €, en compras iguais ou superiores a 15 €.

Isto vai supoñer a mobilización de, como mínimo, uns 45.000 € en compras e gastos realizados nos 37 negocios adheridos á campaña (dispoñible na web da Asociación Rianxeira de Empresarios).

Os bonos desta campaña poden trocarse ata o vindeiro xoves día 30 de xuño. s. s.

31 may 2022 / 18:03
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.