Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O PSOE critica a negativa da Xunta a incrementar o persoal de Atención Primaria en Rianxo

A deputada socialista Noa Díaz vén de criticar a negativa da Xunta a incrementar o persoal de Atención Primaria en Rianxo e adiantar o horario do PAC ás 15 horas ante as “eivas” e a “saturación” do servizo. Fíxoo este xoves tras a realización dunha pregunta oral ao Goberno galego sobre esta cuestión na Comisión de Sanidade do Parlamento.

“A atención sanitaria en Rianxo polas tardes é moi deficitaria, pese a o esforzo do persoal facultativo e técnico”, advertiu a socialista ao director xeral de Asistencia Sanitaria na Cámara galega. De feito, as persoas usuarias da quenda de tarde do centro de saúde, apuntou, “tardan dúas semanas en concertar unha cita co seu médico mesmo para renovar receitas e non atopan resposta na atención telefónica, véndose obrigadas a acudir de xeito presencial ao centro de saúde”.

Esta situación ten “boa parte” de explicación na inexistencia do PAC en horario de tarde os días laborables, xa que as persoas que precisan atención médica urxente, “desprázanse igualmente ao centro, de xeito que o persoal facultativo desa quenda ten que atender a doentes citados e tamén aos casos imprevistos co conseguinte desbordamento na carga de traballo”, explicou.

Ante esta circunstancia, as veciñas e veciños de Rianxo recolleron 4.000 sinaturas para demandar a creación dun PAC en servizo de tarde, “como acontece na práctica totalidade dos centros de atención primaria de Galicia”, dixo, e cando agora mesmo estes atópanse “mal atendidos” e o persoal do centro de saúde ten unha carga de traballo “inasumible”.

Nos últimos tempos, concluíu, “estamos asistindo a un cada vez maior abandono da Atención Primaria, nomeadamente nos pequenos núcleos de poboación, poñendo en serio risco a atención sanitaria da veciñanza” e a comarca do Barbanza “non é allea a esta desatención e precarización, con problemas crónicos arrastrados dende hai anos e sendo xa moitas as advertencias que a este respecto ten realizado o Grupo Socialista no Parlamento galego sen apenas éxito”.

30 jun 2022 / 13:57
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.