O PSOE leva ao Parlamento galego as deficiencias do transporte escolar
NOIA. A parlamentaria do grupo socialista Noa Díaz rexistrou unha iniciativa parlamentaria para que o goberno galego esixa ás empresas concesionarias do transporte escolar nas comarcas de Barbanza, Muros e Noia que cumpran o contrato de maneira íntegra.
A deputada amosou unha gran preocupación polas deficiencias que están a denunciar os centros e as familias. Son máis de 100 as denuncias comunicadas dende os centros educativos e existen comunicados de protesta por parte das Anpas, como no caso de Ribeira.
Asemade, os socialistas tamén solicitarán que se realice e publique “un informe de inspección de rutas, horarios, paradas e vehículos dos que dispoñen as concesionarias para ter unha fotografía completa da solución de cara a solucionar as deficiencias”, indicaron. m. c.