Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Rally Rías Baixas fúndese no Camiño da Ría da Estrela

Os 27 barcos que partiron de Baiona acadaron o Clube Náutico de Portosín tras percorrer varios portos e mariñas do litoral

Unha trintena de barcos saíron o pasado mércores de Baiona rumbo a Portosín (Porto do Son) nunha travesía que, tras percorrer varios portos e mariñas, finalizou cun tramo a pé ata Compostela para gañar o xubileo.

Fixérono no marco do I Rally Rías Baixas de Galicia, unha travesía náutica sen natureza competitiva, organizada polo Monte Real Clube de Yates de Baiona e o Real Clube Náutico de Portosín, que nace co obxectivo de ofrecerlles aos amantes da náutica a posibilidade de desfrutar dun percorrido diferente, coas máximas condicións de seguridade, e rematando coa realización do Camiño de Santiago da ría de Muros-Noia.

Tras superar as Rías Baixas, selando as credenciais, os participantes acadaron a ría de Muros-Noia, adicando unha xornada a navegar por diversos puntos da costa. Foi sinxelo atopalos fondeados en calas, realizando actividades turísticas e desfrutando de tódolos atractivos da Ría da Estrela.

Pero o rallye non rematou aí, posto que reconvertido xa no Camiño Marítimo da ría de Muros Noia, os participantes desprazáronse en autobús ata a capital galega, facendo un alto en dous dos lugares preferentes do Camiño.

Primeiro pararon en Urdilde, onde foron recibidos polo tenente de alcalde, Manuel dos Santos, quen, en nome do Concello de Rois, obsequioulles cunha degustación de produtos galegos mentres os peregrinos aproveitaban para selar as súas credenciais no emblemático estanco da localidade.

A seguinte escala tivo lugar na Praza Mahía de Bertamiráns. Ahí foron recibidos polos concelleiros Ana Belén Paz e Manuel Lens, e tamén por representantes de asociacións empresariais.

Tras navegar máis de noventa millas náuticas, faltaba o derradeiro requisito que o Cabildo Catedralicio sinala para facerse merecedores da Compostela: camiñar os kilómetros finais ata alcanzar Santiago, algo que o numeroso grupo realizou perfectamente agrupado.

Ante o éxito da iniciativa, é fácil aventurar que este primeiro Rally Rías Baixas terá continuidade ata convertirse nun clásico da navegación recreativa galega.

15 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.