Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Son activa Enrédate, para formar a mulleres con discapacidade

Abordaranse cuestións como a autoestima, as habilidades sociais ou prevención da violencia

O Son. O Concello de Porto do Son vai poñer en marcha o vindeiro día 11 no local social municipal a terceira edición do programa Enrédate, un servizo de atención personalizada e especializada para mulleres con discapacidade. Celebrarase ata o día 13 e as interesadas poden chamar ó número 981 867 414.

Os temas que se tratarán serán o autoconcepto e a autoestima (roles de xénero e como afectan e inflúen na autoestima das mulleres e o impacto que isto ten na saúde das mesmas); a discapacidade (concepto, tipos, uso dunha linguaxe inclusiva e non discriminatoria, actitudes fronte a discapacidade e suxerencias de actuación ante ela); ou a intelixencia emocional (aprender a identificar, validar e regular as emocións, e a importancia dos nosos pensamentos á hora de regular as emocións).

Tamén se abordarán as habilidades sociais (comunicación verbal e non verbal, estilos de comunicación e técnicas de comunicación); e empoderamento (patriarcado, androcentrismo, feminización da pobreza, teito de cristal, sororidade, liderado e dimensións do empoderamento); a prevención da violencia cara ás mulleres (mitos do amor romántico, micromachismos, tipos de violencia); e o manexo das tecnoloxías. s .s.

05 ago 2021 / 21:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.