Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Son xa abriu o prazo para solicitar axudas para o material escolar

porto do son. O Concello de Porto do Son abriu o prazo para solicitar as axudas para a adquisición de material escolar e transporte para o curso 2021-2022. Os interesados deberán cumprir os seguintes requisitos xerais: estar empadroados e residindo no termo municipal; con carácter xeral, estar matriculados para cursar estudos en centros oficiais no curso 2021-2022; non superar o nivel de renda per cápita de 600 €/mes; non percibir ningunha outra axuda para o mesmo fin; e non ter pendente de xustificación, unha vez rematado o prazo, outras subvencións outorgadas polo Concello sonense. As persoas que desexen máis información poden chamar ao 981 867 414, ou acceder á páxina web municipal. Segundo indicaron dende a área de Servizos Sociais, o prazo para presentar solicitudes remata o vindeiro 18 de outubro. m. c.

20 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.