Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Obradoiro sobre creación de contidos dixitais dirixido ao tecido sociocultural

Inclúe tres sesións en liña os días 2, 9 e 23 do vindeiro mes a través da plataforma Zoom

Muros. Muros acollerá no mes de marzo o obradoiro en liña Construímos un relato, dirixido a persoas vinculadas ao tecido sociocultural, con interese na divulgación e creación de contidos participativos na contorna dixital.

Trátase dunha actividade promovida pola entidade cultural BenCuriosa coa colaboración da área de Cultura do Concello de Muros, a cal é gratuíta grazas ao financiamento da Deputación.

“O obxectivo deste obradoiro é que as persoas participantes experimenten coa difusión dixital de contidos relacionados co seu territorio e veciñanza, empregando diversas ferramentas, aproveitando a interconexión entre elas e potenciando a participación da comunidade”, explicaron fontes municipais.

O taller consta de tres sesións que se desenvolverán os días 2, 9 e 23 de marzo (de 18.30 a 20.00 horas) a través da plataforma Zoom.

Ofértanse un total de 20 prazas que se adxudicarán por un criterio exclusivamente cronolóxico. O prazo de inscrición está aberto ata mañá. Os interesados deben cubrir un formulario dispoñible na páxina web do Concello. m. c.

11 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.