Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Obradoiros de apoio
ás mulleres lousamiás máis emprendedoras

Versarán sobre
e-commerce e marketing dixital e terán lugar do 5 ao 26 de outubro

Lousame. O Concello de Lousame convoca dous obradoiros gratuítos de apoio a mulleres emprendedoras, que terán lugar do 5 ao 26 de outubro na aula de informática da casa da cultura e en horario de 9.00 a 13.00 horas. Durante sesenta horas, dez veciñas de Lousame poderán asistir aos talleres de comercio electrónico e marketing dixital, impartidos ao abeiro do programa Xeración 20=22.

Poderán participar mulleres de máis de 18 anos, residentes en Lousame e que estean pensando en emprender ou iniciar un proxecto empresarial. O prazo de inscrición está aberto nos Servizos Sociais (tf. 981 820 494).

Estes dous obradoiros forman parte do terceiro e derradeiro seminario previsto no programa de promoción da empregabilidade feminina Xeración 20=22, que está a desenvolver o Concello de Lousame e que conta co financiamento da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e o Ministerio de Igualdade. Ata o momento, segundo sinalaron fontes municipais, este programa xa formou a outras vinte mulleres do municipio en introdución á informática e ás novas tecnoloxías, así como en motivación e técnicas para a busca de emprego. ecg

27 sep 2022 / 20:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.