Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Obras de mellora para o PAC e o centro de saúde de A Pobra

A Pobra. A xerente da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza, Eloína Núñez, visitou este luns o centro de saúde de A Pobra, no que se realizarán diversas obras de mellora por valor duns 50.000 euros, que afectarán tanto ao centro de saúde como ao Punto de Atención Continuada. O edificio que é propiedade municipal contará con financiación aportada ao 50 por cento por cada administración: Xunta e Concello.

Ademais, a xerenta da área comunicou aos profesionais que o ambulatorio pasará a constituírse como servizo propio de Atención Primaria, pasando a ser independente do de Ribeira. No encontro cos profesionais a doutora estivo acompañada polo alcalde de A Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro, e membros do equipo directivo sanitario.

Segundo sinalaron dende a Administración galega, as obras executaranse neste mesmo ano. m. c.

25 oct 2021 / 20:21
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.