Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 20 octubre 2021
02:00
h

Ofertan clases de zumba no pavillón Pilar Barreiro

lousame. Zumba Noia e o Concello de Lousame organizan clases de zumba para persoas adultas e para nenos e nenas de máis de 5 anos, que terán lugar a partir de novembro no polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra. As persoas que estean interesadas en participar deberán realizar unha preinscrición en www.bandoticket.com durante este mes de outubro. As clases para persoas adultas están dirixidas a maiores de 16 anos e terán lugar os martes e xoves de 20.00 a 21.00 horas. O prezo será de 10 euros ó mes por un día semanal e de 20 euros ó mes por dous días á semana. As sesións para a rapazada serán os martes, de 17.30 a 18.30, e terán un custo de 10 € mensuais. m. t.

14 oct 2021 / 20:12
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.