Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 17 enero 2022
23:34
h

A aula Cemit ribeirense ofrece un seminario de seguridade en Internet

Comeza o sete de abril e, entre os dez novos cursos, haberá outro de banca electrónica

Ribeira. A aula Cemit de Ribeira vai acoller durante os meses de abril, maio e xuño un total de 160 horas formativas distribuídas en dez cursos abertos á poboación do municipio. Todos eles, de carácter presencial, gratuítos e respectando as normas de seguridade anti COVID, como explicou a edil de Innovación Tecnolóxica, Ana Barreiro, nun acto no que estivo acompañado do axente TIC, Manuel Vello.

Dúas das accións serán novidosas en relación a anteriores convocatorias: un seminario de seguridade en Internet que terá lugar do 7 ó 9 de abril e outro da banca electrónica, do 1 ó 4 de xuño. O certificado dixital, libreoffice, iniciación á informática, ferramentas de Google, retoque de imaxe (Gimp), editor de textos write, folla de cálculo e é-saúde son os outros cursos que se impartirán esta primavera.

O prazo de inscrición comeza este martes ás 09.00 horas ata cubrir prazas. Pódese formalizar contactando coa propia aula Cemit situada en Cubeliños, chamando ó número de teléfono 981 876 043 ou a través da web da rede de centros Cemit. Cómpre lembrar que a aula ten un 50 % de capacidade (6 prazas). O uso da máscara é obrigatorio e haberá ventilación continua durante as clases. s. S.

29 mar 2021 / 16:53
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.