Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 01 julio 2022
17:46
h

Oitenta e dúas empresas aspiran a executar seis actuacións en Ribeira

RIBEIRA. Un total de 82 ofertas presentáronse ás licitacións de seis actuacións que se van executar en catro parroquias de Ribeira. A obra que acadou máis propostas (16) foi a de instalación das redes de saneamento e de abastecemento en Sampedro, en Palmeira (130.919 €). A continuación, con 15, foi a pavimentación e renovación das redes de auga e de pluviais na rúa Celso Emilio Ferreiro, en Aguiño (189.765 €). Recibiron 14 ofertas tanto o saneamento, pavimentación e abastecemento en Frións, en Carreira (154.081 €) como a pavimentación, pluviais e saneamento nas rúas Chaprado e Ceboleira, en Corrubedo (92.687 €). Finalmente, para a ampliación do abastecemento na avenida da Paz, en Palmeira (54.598 €) optan 12 firmas, e para a pavimentación, saneamento e abastecemento en Braña do Muro, en Aguiño (133.104 €) outras 11. s. s.

19 abr 2022 / 18:51
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.