Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Once outenses reciben axudas para materiais de informática

Outes. O Concello de Outes vén de resolver a concesión de axudas destinadas á adquisición de material informático para estudantes de todos os niveis educativos residentes no termo municipal. Presentáronse un total de quince solicitudes, das cales resultaron beneficiadas once, ao superar as outras catro os niveis de renda establecidos nas bases da convocatoria.

As axudas, destinadas a mercar ordenadores, impresoras e outro material informático, están financiadas co POS+2022 destinado a gasto social, sendo a segundo ano que se convocan polo Concello outense. O número de beneficiarios foi inferior ao da convocatoria de 2021, onde se atenderon 55 solicitudes, xa que este ano se excluía aos beneficiarios do ano anterior.

O alcalde, Manuel González López, indicou que grazas a esta liña de axudas “facilítase a dixitalización na educación e a igualdade de oportunidades, ademais de favorecer a fixación de familias novas no municipio”. m. c.

22 dic 2022 / 20:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.