Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ondea xa a bandeira de Galicia Calidade sobre o Náutico de Cabo de Cruz

BOIRO. O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou este sábado as instalacións do Club Náutico Boiro-Marina Cabo de Cruz, en Boiro, para facer o tradicional izado da bandeira de Galicia Calidade co que se dá inicio á tempada de verán. Con esta distinción, as instalacións convértense en embaixadoras da Comunidade e recoñécese a súa localización, equipamento e a excelencia dos seus servizos.

Na actualidade xa son 14 os clubs náuticos galegos certificados con esta marca de garantía. Ademais do de Boiro, contan co distintivo de calidade o Nauta Sanxenxo, os clubes náuticos de Ribeira, San Vicente do Mar, Sada, Ría de Ares, Portonovo e Monte Real Club de Yates de Baiona, e os reais clubes náuticos de Ribadeo, Vigo, Portosín, Sanxenxo, A Coruña e Rodeira (Cangas). Conde destacou que este tipo de instalacións son un referente para o turismo lúdico e deportivo e que fan de Galicia un importante destino náutico.

Francisco Conde estivo acompañado polo alcalde de Boiro, José Ramón Romero; o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo; e o presidente de Club Náutico de Cabo de Cruz, Manuel Fajardo, e varios membros do seu equipo directivo. S. Souto

26 jun 2021 / 16:12
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.