Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Organizan en Lousame unha excursión ao balneario o 28

Lousame. O Club de Xubilados de Lousame, en colaboración co Concello, organiza unha excursión ao balneario de Cuntis, que terá lugar na tarde do mércores 28 de decembro. Unha viaxe que ten un custo de 22 euros e para a que están abertas as inscricións no teléfono do Club de Xubilados (6653 221 655).

O prezo inclúe o desprazamento en autobús e unha entrada de dúas horas ao Acquaform, un circuíto lúdico-termal para combinar os beneficios terapéuticos das augas do balneario de Cuntis, “que permite aliviar tensións musculares con chorros e cuellos de cisne, relaxarse deitado nunha cama de masaxe ou eliminar toxinas nas súas distintas saunas”, explicaron ao respecto fontes municipais este venres.

A expedición sairá de Lousame en autobús ás 15.45 horas, recollendo ás persoas participantes polas súas parroquias. Ademais de inscribirse previamente, é fundamental levar toalla, traxe de baño, chanclas e gorro. ecg

23 dic 2022 / 20:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.