Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Organizan un roteiro sobre a devoción pola Moreniña

Rianxo. A área de Turismo do Concello de Rianxo organiza un roteiro guiado con prazas limitadas para dar a coñecer a historia e a devoción pola Virxe de Guadalupe (popularmente coñecida como A Moreniña) no municipio.

Celebrarase o vindeiro día 15 e o punto de encontro será ás 11.00 horas diante da capela da Guadalupe . É necesaria a inscrición previa nos puntos de información turística da vila ou chamando ó número de teléfono 604 023 753 (de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00, e na fin de semana de 10.30 a 14.30) ata dous días antes da celebración da actividade.

O roteiro terá unha duración dunha hora e media. Será obrigatorio o uso de máscara e manter a distancia de seguridade entre participantes non convivintes, e non se poderá fumar, comer ou beber durante a actividade (agás auga de xeito puntual).

A inscrición implica a cesión de dereitos de imaxe ó Concello rianxeiro para a realización de fotografías durante o roteiro e a posterior publicación das mesmas como parte da promoción turística da localidade. A mencionada ruta só se celebrará se se anotan un mínimo de cinco persoas, e o número máximo de participantes é de vinte, según sinala o Concello. s. s.

07 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.