Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Os boirenses poden pagar xa tributos e taxas con TPV

Boiro. O Concello de Boiro conta cun servizo de pago a través de TPV (Terminal Punto de Venda) para facilitar e axilizar os pagos que se realizan á administración local, tanto os que se corresponden coas taxas de actividades deportivas e culturais como as de outros tributos.

O departamento municipal de Deportes vén de comezar a empregar tamén este servizo para o cobro de inscricións en campamentos e actividades deportivas.

O departamento de Recadación e tamén a Policía Local veñen empregando este servizo de cobro con TPV para multas e tributos, coa finalidade de axilizar así os trámites e evitar que as persoas interesadas teñan que acudir ao banco coa carta de pago que se emite e volver ás dependencias da casa consistorial para ter que facilitar o xustificante de pago.

Asimesmo, o departamento de Cultura emprega tamén este sistema para o cobro de prezos públicos de actividades e campamentos infantís, así como para as entradas das representacións teatrais.

O executivo local destaca que a área de Deportes foi a última en acoller este servizo para formalizar os pagos de inscricións en campamentos e actividades das Escolas Deportivas Municipais. s. s.

27 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.