Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Os cativos de Lousame recibirán ós Reis Magos e gozarán dun festival

LOUSAME. Aproxímase o comezo de ano e con el, a chegada das súas Maxestades de Oriente. Así, no Concello lousamián haberá unha recepción o xoves 5 de xaneiro na casa da cultura de Lousame, que arrancará ás 10.30 e prolongarase ata as 14.00 horas. As familias que participen poderán entregar as cartas a Melchor, Gaspar e Baltasar e fotografarse con eles. Ademais, os máis cativos recibirán unha bolsa de caramelos. As inscricións serán coma sempre en bandoticket.com (https://bandoticket.com/es/events/recepcion-reis-magos). E o sábado 7 de xaneiro no polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra (lugar de A Silva), en horario de 17.00 a 20.00 h., os máis cativos poderán desfrutar de obradoiros, inchables, caramelos e chocolate con churros. Igualmente, os interesados deberán inscribirse previamente na plataforma bandoticket.com. ecg

29 dic 2022 / 20:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.