Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Os lousamiáns amosarán a súa cara solidaria nunha andaina

Lousame. O Concello de Lousame lembrou que as persoas que desexen participar na Andaina Solidaria/Belén de Cumes, iniciativa que terá lugar o sábado 17 de decembro, deben inscribirse previamente na web www.emesports.es.

Segundo indicaron dende a administración local, a andaina partirá ás 10.00 horas da Praza do Concello de Lousame e chegará ao mosteiro de Toxosoutos ás 13.00 horas, onde as persoas camiñantes serán recibidas con panxoliñas e chocolate con churros.

Dita andaina, de 10 quilómetros, mestura este ano dous eventos tradicionais no municipio: a andaina solidaria de fin de ano coa tradición de montar o Belén de Cumes, un típico Nacemento con figuras de gran tamaño que cada ano se adoita montar nunha igrexa e que queda alí para a súa contemplación pola veciñanza desa parroquia durante a época do Nadal.

Por outra banda, o Concello, a través do seu programa de voluntariado europeo European Solidarity Corps, organiza este venres un obradoiro de adornos nadiveños, dirixido a nenos maiores de 6 anos. A actividade será impartida polas voluntarias turcas Ezgi Alkaya e Ülkü Kosdas e xa está aberto o prazo para as inscricións a través de www.bandoticket.com. m. c.

14 dic 2022 / 20:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.