Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Os veciños de Lousame poderán desfrutar da piscina municipal a partir do luns 27 de xuño

Lousame. A piscina municipal da Silva abrirá o próximo luns 27 de xuño as súas portas para a temporada de verán, polo que permanecerá operativa os meses de xullo e agosto en horario de 15.00 a 21.00 horas. O Concello de Lousame informa de que xa se poden xestionar os distintos bonos de acceso na casa consistorial, en horario de mañá, entre as 8.00 e as 14.00 horas.

Como en anos anteriores, os veciños e veciñas poden optar por abonos de temporada ou por entradas puntuais. En ambos os dous casos, os menores de 6 anos teñeno pase de balde. No caso dos abonos, os prezos son de 15 euros (para rapazada entre 7 e 15 anos e persoas maiores de 65) e 20 euros (para persoas entre 16 e 64 anos). No caso das entradas puntuais, indicar que o prezo será de 1 euro (para rapaces e rapazas entre 7 e 15 anos e persoas maiores de 65) e 2 euros (para xente entre 16 e 64 anos).

Así mesmo, o Concello de Lousame establece unha tarifa reducida para persoas que se atopen en situación de vulnerabilidade social. Dende o goberno local apuntan que esta se aplicará previo informe dos Servizos Sociais municipais. ecg

19 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.