Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Óscar Aldonza alíase con Ambar para realizar unha escultura na Pobra

a pobra. A localidade da Pobra do Caramiñal é unha das seleccionadas pola asociación de persoas con diversidade funcional Ambar para o desenvolvemento do proxecto Mar Diverso, un festival de arte inclusiva e patrimonio costeiro. Ao abeiro desta iniciativa, iniciouse na Praza do Emigrante da vila a realización dunha escultura a cargo do artista Óscar Aldonza, quen conta coa colaboración de compoñentes da referida entidade: o escultor Jontxu Argibay, membro da área de artesanía, e un grupo de persoas que está medrando como artistas neste espazo, como é o caso de Santiago Fernández, María Otero, Fran Romero, Óscar Pérez, Sonia Piñeiro e Julio Piñeiro. A execución desta peza colaborativa proseguirá nos mércores das dúas vindeiras semanas, e a súa inauguración está prevista para o vindeiro mes de xullo. suso souto

20 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.