Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Outes abre o prazo para anotarse no campamento Tempo de Entroido

OUTES. O Concello outense, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM) convida a tódolos nenos e nenas, de idades comprendidas entre os tres e os 12 anos, a participar no campamento Tempo de Entroido, que se enmarca dentro do programa Outes Concilia. Segundo indicaron fontes municipais, desenvolverase os días 15 e 16 de febreiro, en horario de 08.00 a 16.00 horas, no edificio autónomo do CEIP Plurilingüe de Outes. Destacan que as familias poderán facer uso do servizo en función das súas necesidades, permitindo a entrada e saída flexibles, e que os menores poderán almorzar e xantar alí se así o desexan, sendo as familias as encargadas de aportar os alimentos diariamente. O prezo do campamento é de 10 euros e, segundo as circunstancias da unidade familiar, aplicaranse diferentes descontos. Os interesados poden presentar as solicitudes de xeito telemático, a través da sede electrónica do Concello (https://outes.sedelectrónica.gal), ou de xeito presencial no CIM, solicitando cita previa chamando ao 981 850 949, en horario de 09.00 a 14.00 horas de luns a venres, desde onte e ata o día 10. Resaltar que as prazas son limitadas e que o programa desenvolverase seguindo un estricto protocolo de seguridade anticovid. m. t.

05 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.