Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Outes abre o prazo para inscribirse no campamento de Pascua

As solicitudes poden presentarse a través da sede electrónica do Concello ata o día 25

Outes. O Concello outense, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), convida a todos os nenos e nenas, de idades comprendidas entre os tres e os doce anos, a participar no campamento Tempo de Pascua, do programa Outes Concilia. Desenvolverase os días 29, 30 e 31 de marzo e 5 de abril, en horario de 08.00 a 16.00 horas, no edificio autónomo do CEIP Plurilingüe de Outes.

As familias poderán facer uso do servizo en función das súas necesidades, permitindo a entrada e saída flexibles. Con todo, para o bo desenvolvemento das actividades programadas, recoméndase ás persoas que non fagan uso do horario completo do campamento que se incorporen ao mesmo sobre as 10.00 e saian a partir das 13.30 horas.

Por outra banda, destacar que os nenos e nenas terán opción de almorzar e comer no servizo, sendo os proxenitores os encargados de achegar os alimentos a diario.

Segundo sinalaron dende o goberno local, o prezo do campamento ascende a 15 euros en total. As solicitudes poden presentarse de xeito telemático, a través da sede electrónica do Concello (https://outes.sedelectrónica.gal), ou ben de maneira presencial no CIM de Outes, solicitando cita previa no número de teléfono 981 850 949, en horario de 09.00 a 14.00 horas, de luns a venres. O prazo para inscribirse finaliza o vindeiro día 25.

Resaltar que o desenvolvemento da actividade realizarase seguindo un protocolo de seguridade adaptado ás circunstancias actuais. m. c.

19 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.