Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Outes acolle esta semana a apertura do proxecto Circular.rur

Conta cun orzamento total de 252.931 euros, financiados a través do programa Erasmus+

Outes. A casa da cultura de Outes e o centro náutico municipal de O Freixo serán os días 21 e 22 de abril as sedes da apertura oficial do proxecto europeo Circular.rur, que está integrado no programa Erasmus+ e que conta coa participación de institucións galegas, croatas, irlandesas, alemás, italianas e gregas.

O obxectivo do proxecto “é promover a transferencia de coñecementos innovadores sobre economía circular e o desenvolvemento de novos modelos de negocio baseados nesta, que respondan ás expectativas dos mercados laborais nacionais e europeos, e que brinden novas oportunidades de activación fronte aos retos actuais, fomentando contornas rurais máis modernas e sostibles”, indicaron dende o goberno local.

O proxecto que lidera o Concello de Outes, que finalizará o día 31 de outubro de 2023, conta cun orzamento total de 252.931 euros, financiados ao cen por cen polo programa Erasmus+.

Segundo informaron dende a administración municipal, o xoves 21 será a reunión de posta en marcha do proxecto na casa da cultura de Outes. As actividades dese día estarán reservadas para os representantes de todas as organizacións sociais, pero as do venres 22 de abril estarán dirixidas aos medios de comunicación, aos grupos de interese e ao público en xeral e terán lugar no centro náutico de O Freixo. A xornada comezará ás nove da mañá co rexistro dos participantes e, ás 09.30 horas, o alcalde, Manuel González, abrirá de forma oficial o evento. m. c.

18 abr 2022 / 20:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.