Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Outes acolle o sábado unha nova edición da Feiriña, na rúa da Capela

Os comercios exporán os seus produtos ó aire libre e haberá música e un espectáculo infantil

Outes. A rúa da Capela da Serra de Outes acollerá o vindeiro sábado día 21 a segunda edición da Feiriña, organizada polo Concello en colaboración co comercio local.

O citado vial encherase de postos ao aire libre nos que que os comercios locais que o desexen, pertencentes aos máis variados sectores, poderán expoñer e vender produtos e artigos de roupa, agasallos, decoración, artesanía, agricultura, gastronomía, calzado, floristería, etc.

Ademais, haberá diversos espectáculos para facer máis atractiva a xornada. Así, ás 12.30 horas terá lugar unha actuación dirixida ao público infantil por parte da compañía Teatro Calavera.

Logo, ás 14.00 horas, para amenizar a sesión vermú dos asistentes, actuará o grupo de música indie Momboi; e ás 21.00 horas actuará o grupo Malo Será, con ritmos pop dos anos setenta e oitenta.

O alcalde, Manolo González, aproveitou para convidar aos veciños da comarca de Muros-Noia e a todas as persoas que visitan a localidade de Outes e os concellos da contorna neste mes de agosto a participar neste evento que mestura comercio, gastronomía e música para todos os públicos, fomentando as compras no comercio local cun programa de ocio.

Neste sentido, o mandatario indicou que “con esta acción pretendemos promocionar o comercio do concello, así como dar a coñecer a propia vila da Serra de Outes entre os nosos visitantes, como un espazo ideal para facer compras, xantar ou dar un paseo á beira do río”. s. s.

17 ago 2021 / 16:57
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.